Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

O Consello da Xunta autoriza el convenio con la Asiciación de Clubs Náuticos de Galicia para la promoción de la Ruta Traslatio e impulsar Galicia como destino turístico náutico

O proxecto conta con 1,3 millóns de euros para dotar de novos recursos e infraestruturas os portos deportivos e clubs náuticos vinculados á Ruta Xacobea.

Forman parte deste proxecto os portos ou clubs náuticos de Ribeira, O Grove, Sanxenxo, Vilanova de Arousa, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Rianxo.

O proxecto está incluído no marco das accións de cohesión en destino do Plan Xacobeo NextGeneration

O Consello da Xunta autorizou en el mes de maio a subscrición do convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Asociación de Clubes Náuticos de Galicia para a promoción da Ruta Traslatio que, no marco das accións de cohesión en destino do Plan Xacobeo NextGeneration, destina a este proxecto 1,3 millóns de euros, co obxectivo de impulsar Galicia como destino turístico náutico. O Convenio ten unha duración de dous anos rematando a mediados do ano 2024.

O convenio ten como obxecto revalorizar os activos turísticos vinculados á Ruta Traslatio, con accións de mellora da eficiencia das infraestruturas portuarias, rehabilitación de infraestruturas e dixitalización de recursos para optimizar a experiencia do visitante náutico a Galicia.

Levaranse a cabo actuacións de dixitalización de recursos, creación ou mellora de espazos para a recepción de visitantes e mellora de equipamentos turísticos, a mellora da oferta de servizos dos portos deportivos e clubs náuticos coa instalación de equipamentos de control e vixiancia intelixente, dotación de equipamentos de mobilidade sustentable para a loita contra a contaminación mariña, así como sistemas de xestión ambiental, redes wifi e adaptación e mellora da eficiencia enerxética nas diferentes instalacións.

Con base neste proxecto, o Real Club Náutico Sanxenxo, Nauta Sanxenxo, Club Náutico Portonovo, Club Náutico San Vicente, Club Náutico La Toja, Marina e Estación Marítima de Vilanova de Arousa, Club Náutico Rianxo, Club Náutico Cabo de Cruz, Club Náutico Barraña, Marina Pobra do Caramiñal e Club Náutico de Ribeira acollerán diversas actuacións e melloras nas súas infraestruturas e servizos.